Diccionario da Real Academia Galega
O Diccionario da Real Academia Galega é un dicionario monolingüe galego en papel elaborado pola Real Academia Galega e publicado por Edicións Xerais de Galicia e Galaxia en 1997 que contén 25 000 entradas[1]. Dicionario de uso, tiña carácter normativo para a lingua galega. Viña substituír o Diccionario da lingua galega que se publicara en 1990. Desde 2012 cumpre as súas funcións o Dicionario da Real Academia Galega, que só conta con versión dixital.
Elaboración
[editar | editar a fonte]A obra estaba coordinada polos académicos Constantino García e Manuel González González, os mesmos que coordinaran o Diccionario da lingua galega de 1990 pero xa sen a participación do Instituto da Lingua Galega e cun equipo máis amplo que pretendía abranguer máis vocabulario técnico e científico[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pilar Alvariño Alvariño, María Belén Souto García, María Montserrat Muriano Rodríguez e María Vallejo González (2004): "El tratamiento de las voces especializadas en los diccionarios generales del gallego", en Paz Battaner e Janet Ann DeCesaris De lexicografia: actes del I Symposium Internacional de Lexicografia, Documenta Universitaria
- ↑ Review by: Santiago Bragado Trigo e Moisés Barreiro Comedeiro "O novo diccionario da Real Academia Galega" Grial 36:137 (1998), pp. 152-155.